terça-feira, 10 de abril de 2018

MEMORIAL MANUEL CASTELIN, PRESENTACIÓN. EXPO "O SENTIDO DA VIDA"

Hai moitas formas de especular sobre o sentido da vida e sobre o da arte, todas elas subxetivas e espazo-temporais. Para Manuel Castelin, nome artístico de José Manuel Costas Durán, nacido en Vigo, Galicia, España, en 1949 e viaxeiro vocacional, o sentido da vida defíneno os momentos nos que máis a sentimos, aquí e agora, máis a memoria parcial, escolleita e significante, que quedou como vaga pegada de cada un deles.



No seu caso, esta memoria parcial e significante maniféstase e rexístrase en expresións plásticas: debuxos, pinturas, esculturas... ou obras literarias que van quedando nun ou noutro continente. As pegadas do seu vivir creativo.



Todo ese rexistro de momentos cargados de sentido e convertidos en formas-pegada ordénase despois sobre un carreiro virtual que representa o camiño vital do sentidor. Manuél Castelin deulle a forma dun labirinto con cento dez estaciones de consciencia, que tamén representan os anos da súa vida transcorridos e os posibles por transcorrer. Sobre esta mesma estrutura, está construíndo neste blog o seu Museo Virtual.

O Castelo de Castelins é o Museu Virtual en Galego do artista vigués Manuel Castelin. A última vez que o castelo foi avistado por xente imaxinativa desde as illas Cíes, semellaba un grande e etéreo polvo ou medusa que espiralaba no alto, de un lado a outro, sobre a bela Ría de Vigo.  A torre do extremo da direita, na imaxe, é a de avistación e exposición dos pintores e escultores galegos mais xeniais. A maior, do extremo esquerdo, é a Biblioteca do Castelo onde guárdanse os textos de Castelin e dos escritores en galego e portugués que lhe impressionaran (Para entenderse no Castelo, Galego e Portugués son a mesma lingua, con diferencias superficiais, e poden usarse ao mesmo tempo ou entrelazadas). Na base, o Labirinto co Memorial Castelin, onde pódese ver sua expo "O SENTIDO DA VIDA". O pátio circular central ou as tres torres frontais, cando non son usados pola Cibernave Galartis para ancorarse (xeralmente tomando forma de cilindro) ou facer intercambios, son espazos para festas, exposicións e atelieres temporais. A torre dos fundos é a Torre do Misterio e é un misterio o que se fai ou o que encóntrase nela. ainda que, as veces, tense aberto un portal na sua base que conduce a algún dos lugares máxicos coñecidos, tais como a Quinta da Regaleira, en Sintra, Portugal, ou Macchu-Pijchu no Perú... ou a outros, bastante máis descoñecidos. 

O Museo Virtual constará de dous espazos, un con textos en Galego ou Portugués, o Castelo Castelins, outro en Español Castelán, a Cibernave Galartia, con numerosas salas en cada espazo. Os dous teñen como base un labirinto en forma de oito, con 11 estacións. Este é o Memorial Manuel Castelin, con unha sala por cada un dos septenarios da súa vida, con exposición das obras pictóricas ou literarias que mellor representan o sentido do vivir do artista, daquelas que poidamos dixitalizar. 

En 2018, Castelin aínda non culminou o seu décimo septenario, así que a sala 11 destinarase a todas as obras que consiga realizar e dixitalizar logo dos dez primeiros septenarios, se a súa andadura vital sobrepasáseos.



AO CURRICULUM DE MANUEL CASTELIN;
http://curriculumcastelin.

Nenhum comentário:

Postar um comentário